Sesión formativa "O/A profesional da psicoloxía nos centros de maiores. Adaptándose a novos retos"

14/12/2020
A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organiza a sesión formativa “O/A profesional da psicoloxía nos centros de maiores. Adaptándose a novos retos”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG o día 19 de decembro.

O obxectivo desta sesión formativa é analizar a realidade dos psicólogos e psicólogas nos servizos de maiores e, así mesmo, revisar as funcións dos/as profesionais da psicoloxía nos centros de maiores e como se tivo que adaptar á nova realidade durante e despois da COVID-19.

O último día de inscrición é o 17 de decembro de 2020.

Programa (accede ao pdf)

Boletín de inscrición (accede ao pdf)

 
 
 
What do you want to do ?

New mail