A próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde, celebrarase online o día 15 de outubro de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.
Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 10 de outubro. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.
Adiantámosche as datas das seguintes sesións de 2024 que se celebrarán todas en horario de 9:30 a 11:30 horas:
12 de novembro e 17 de decembro.
Se desexas inscribirte en todas as sesións de 2024 debes indicárnolo no formulario de inscrición.
As persoas colexiadas noutros COPs é necesario que remitan un certificado de colexiación con data actual.