O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Intervención con vítimas de tráfico: despois do despois”, que se celebrará o día 26 de outubro de 2024 na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Os obxectivos deste curso son ofrecer claves e recomendacións para a intervención psicolóxica en persoas afectadas por un sinistro de tráfico, tanto en vítimas directas como indirectas, e sobre as necesidades e dificultades que enfrontan nos seus procesos de dó e tránsito tratando de reconducir a súa nova situación vital e dar visibilidade ós diferentes tipos de dó, incluíndo aqueles menos recoñecidos, que sofren tanto as vítimas directas como as indirectas.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 16 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.