Día Mundial en Memoria das Vítimas de Accidentes de Tráfico

21/11/2021
 
“A mobilidade pode ser segura, a Psicoloxía está niso”
 
Aínda que o balance de sinistralidade do verán 2021 apunta a ser o ano con menos número de persoas falecidas nas estradas españolas desde que se teñen rexistros, non deixa de ser dramático que 191 persoas perdesen a vida só no período estival. A mobilidade urbana e con ela os accidentes, aumentan e sempre sendo as súas vitimas os máis vulnerables que, por motivos de saúde e sustentabilidade tras a pandemia, é urxente incentivar: peóns, principalmente maiores de 65 anos, ciclistas, motoristas e os  VMP. 
A Psicoloxía, cuxo obxectivo son as PERSOAS, NUNCA pode deixar de estar nos peores transos polos que esta atravesa: a perda dun ser querido de forma non natural.
Pero, a Psicoloxía e os/as seus/súas profesionais do campo do Tráfico e a Seguridade non só estamos presentes nos momentos de perda, senón que estamos a traballar especialmente para lograr reducir ese preto de 1.3  millóns de persoas que morren e que sofren algunha discapacidade noutros 50 millóns.
A perda de cada ser humano, único e irrepetible, supón todo un drama familiar e social precisamente pola súa unicidade. 
Traballamos para ESTAR AQUÍ e PREVIR esta accidentalidade nos distintos medios de transporte: aéreo, marítimo, terrestre, ferroviario… en vías interurbanas e urbanas.
Entre os nosos campos de intervención para lograr a Prevención, están: As Asociacións de  Victimas, a Educación integral de persoas e  formadores, Centros de Recoñecemento, Centros de Formación Viaria, Investigación, Reinserción de Menores, Traballos con Penados,…e onde sexa necesaria nosa achega como coñecedores do FACTOR HUMANO , principal causante da accidentalidade viaria.
A Psicoloxía, quere estar presente, especialmente hoxe, Día en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, e facervos chegar que continuaremos traballando  arduamente para reducir estas traxedias humanas ata conseguir que, este día, tenda a non ser necesario.