Día Mundial en Memoria das Vítimas de Tráfico

16/11/2022

Os días Internacionais son unha oportunidade para sensibilizar, informar e concienciar á poboación sobre temas de interese, sobre todo cando repercuten de maneira directa na vida e saúde das persoas, como é o caso da Mobilidade e Seguridade Viaria.

O ano pasado presumimos do descenso da accidentalidade, do verán de 2021. Este ano, os desprazamentos superaron os niveis prepandemia, e cun balance de 225 persoas falecidas durante o mesmo período.

Unha vez máis falamos de cousas moi evitables; o 22% das persoas falecidas no turismo non usaban cinto no momento do accidente, os/as usuarios/as vulnerables supuxeron un 41% aumentan as persoas falecidas na franxa de idade entre 35 a 44 anos, así como a maiores de 55...

A atención psicolóxica non pode faltar NUNCA a esta cita, y non só para apoiar ás vítimas e os seus familiares senón para continuar reivindicando o seu papel na PREVENCIÓN desde tantos campos da súa competencia:

-  Centros de Recoñecemento.
-  Centros de Formación.
-  Centros Educativos.
-  Universidades: Investigación.
-  Empresas relacionadas coa Seguridade: Viaria, Aeronáutica, Ferroviaria e Marítima.
-  Reeducación e Reinserción de persoas con infraccións ou delitos contra a Seguridade Viaria.
-  Formación de Formadores: Corpos de Seguridade, Docentes, Profesores de Formación Viaria...

Queremos estar presentes alí onde teñamos que aportar para que esta celebración deixe  de ter cabida nunha sociedade cuxa mobilidade desexamos sexa: segura, sostible, saudable e eficaz.

A PSICOLOXÍA ESTÁ COAS VÍTIMAS E COA PREVENCIÓN DA ACCIDENTALIDADE