AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

I Curso sobre cans perigosos: Educación e tenencia responsable. Como conseguir un can equilibrado"

14/5/2018

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o vindeiro 9 de xuño no salón de actos do COPG o I Curso cans perigosos "Educación e tenencia responsable. Como conseguir un can equilibrado".

O obxectivo do curso será proporcionar aos/ás profesionais da psicoloxía coñecementos e instrumentos para o exercicio no desempeño profesional que lle posibiliten acadar as competencias e realizacións profesionais propias do perfil da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade. (Perfil aprobado polo Consejo General de la Psicología , xuño 2016).

Programa [ver pdf]