IV Xornadas Galegas de Psicoloxía do Tráfico e Seguridade “A mobilidade e a seguridade das persoas no S. XXI”

9/10/2019

Desde a Comisión Coordinadora do Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia comprácenos enviarvos o avance do programa das IV Xornadas Galegas de Psicoloxía do Tráfico e Seguridade “A Mobilidade e a seguridade das persoas no S. XXI” que se celebrarán os días 8 e 9 de novembro de 2019 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. 

Estamos traballando para que estas xornadas sexan do voso interese, ao igual que o intentamos nas  tres anteriores, así pois esperamos poder contar coa vosa participación para seguir debatendo cuestións importantes relacionadas directamente co noso ámbito profesional. 

Tal e como vedes no avance pretendemos celebrar tamén no mesmo aforo a I Feira da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, motivo polo que vos animamos a colaborar a todos os compañeiros e compañeiras que exercedes en Centros de Recoñecemento a Condutores (CRC), para que nos axudedes a buscar e visualizar a nosa historia recente a través de aparellos que se usaban para as valoracións psicolóxicas nos primeiros anos. Instrumentos tipo: torno de Laghi,, etc. Trátase de enriquecer a feira coa cesión temporal para a tarde do 8 de novembro por parte dos primeiros centros que aínda os conserven, por suposto coa nota informativa e de agradecemento que corresponde. 

Esta petición vai dirixida directamente aos compañeiros e compañeiras que traballen nos CRC máis antigos, por favor enviade un e-mail ao Colexio para poder contactar con vós en canto nos digades. 

Pola nosa parte anímovos a que vos anotedes e fagades difusión para lograr unhas xornadas exitosas e de proveito. 

Avance programa