O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra a importancia de coidar o aspecto psicolóxico na seguridade viaria

21/5/2021
 
Entre o 17 e o 23 de maio conmemórase a Semana Mundial da Seguridade Viaria, auspiciada pola Organización das Nacións Unidas, que nesta edición se enmarca dentro da campaña #Love30, en defensa dunhas contornas urbanas máis humanas e reclamando a redución da velocidade máxima de circulación dos vehículos a 30 quilómetros por hora. Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sumámonos a esta iniciativa Streets for Life, e facemos énfase na importancia de que as áreas urbanas sexan máis seguras, saudables, verdes e habitables. 
 
Ao mesmo tempo, desde o Grupo de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do COPG insisten na importancia de atender o factor psicolóxico á hora de abordar a seguridade viaria, tanto en aspectos como a planificación e o asentamento deste tipo de cambios culturais que precisan dun proceso de sensibilización e concienciación, como no labor que se realiza desde os centros de recoñecemento de condutores, para o que reclaman máis posibilidades de adaptacions e restricions relacionadas coas capacidades cognoscitivas; así como no procedemento formativo para a obtención do permisón de conducir.