Información do funcionamento do COPG - emerxencia sanitaria

27/3/2020

Con motivo da emerxencia sanitaria, o COPG informa do seu funcionamento: 

- Suspéndese a atención presencial

- A atención telefónica estará dispoñible de 10:00 a 14:00h de luns a venres, así como a atención a través do correo electrónico. 

- Diante das dificultades para contactar coa asesora xurídica do COPG debido ao alto volume de demanda, podes enviarnos a túa solicitude para que contacte contigo, indicándonos por correo electrónico o teu nome, número de colexiación e número de teléfono.

- Quedan suspendidas todas as actividades formativas presenciais do COPG, pero segue aberta a formación online FOCAD. Podedes acceder ao enlace aquí

Agradecemos a túa comprensión.