AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Información sobre as Acreditacións Nacionais

24/5/2017

O Consejo General de la Psicología puxo en marcha as seguintes acreditacións:

  •  Acreditación Nacional de Psicólogo Experto en Neuropsicoloxía Clínica,
  • Acreditación Nacional de Psicólogo Experto en Psicooncoloxía e/ou Psicoloxía en Coidados Paliativos
  • Acreditación Nacional de Psicólogo Experto en Psicoloxía do Deporte
  • Acreditación Nacional de Psicólogo Experto en Psicoloxía Aeronáutica
  • Acreditación Nacional de Psicólogo Experto en Psicoloxía de Emerxencias.

A tramitación en Galicia, a efectos de presentación de solicitudes e de recollida de documentación, realízase a través do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Para solicitala é preciso presentar os formularios e a documentación acreditativa de formación e/ou experiencia específica en cada unha delas e que se recolle na seguinte páxina web: www.acreditaciones.cop.es. A súa valoración será efectuada polos Comités de Valoración do COPG correspondente a cada acreditación e a certificación será emitida polo Consejo General de la Psicología.

O procedemento de acreditación, no que se detallan os criterios e requisitos para a presentación das solicitudes, está dispoñible na seguinte páxina web: www.acreditaciones.cop.es