AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Informacións de interese para colexiados e colexiadas que exercen por conta propia

17/11/2017

O día 26 de outubro entrou en vigor, parcialmente, a Ley 6/2017 de Reformas Urgentes del Trabajo Autónomo (BOE nº 257 de 25/10/2017). A finalidade da mesma, segundo a súa propia redacción, é “seguir  avanzando no desenvolvemento de novas medidas de apoio a todo o que significa a actividade emprendedora”. 

Por isto, e tendo en conta que moitos e moitas de vós  exercedes a vosa   actividade profesional, ou tedes previsto facelo, como traballadores autónomos, de seguido  salientámosche as medidas máis relevantes que incorpora a nova Lei: 

A. Cotizacións á Seguridade Social, no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA):

  1. Novos emprendedores ou aqueles que se den de alta novamente tendo transcorrido máis de dous anos desde a súa anterior baixa no RETA (Artígo 3 da Lei): 

· Desde o mes 1 ata o mes 12: 50€ mensuais.
· Desde o mes 13 ao mes 18: 50% da cota mínima (a data de hoxe, dita cota mínima   sitúase, arredor dos 275€ mensuais).
· Desde o mes ao mes 24: 70% da cota mínima.
· No caso de homes menores de 30 anos ou mulleres menores de 35, prorrógase durante 12 meses máis a bonificación do 30% do último periodo. 

       2.Situacións de pluriactividade (traballar simultáneamente, por conta allea e por conta propia. Artígo 2 da Lei): 

· Desde o mes 1 ao mes 18: 50% da cota mínima.
· Desde o mes 19 ao mes 36: 75% da cota mínima.

      3.Persoas con discapacidade(igual ou superior ao 33%), vítimas de violencia de xénero e vítimas de terrorismo (Artígo 4 da Lei): 

· Desde o mes 1 ao mes 12: 50€ mensuais.
· Desde o mes 13 ao mes 60: 50% da cota mínima.

 Ademáis, tamén se establecen distintas bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social, nos supostos seguintes: 

-       Por conciliación da vida profesional e familiar, vinculada á contratación (Artígo 5 da Lei).
-       Durante as situacións de descanso por maternidade, paternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactancia natural (Artígo 6 da Lei).
-       Por reincorporación á actividade profesional das traballadoras autónomas, en determinados supostos (Artígo 7 da Lei).
-       Por contratación de familiares colaboradores de traballadores autónomos (Disposición final décima da Lei).

Outra das medidas aprobadas é a compatibilidade do traballo por conta propia coa percepción da pensión de xubilación contributiva. En ditas situacións, posibilítase o cobro do 100% da pensión de xubilación no caso de que, na   actividade  por conta propia, se teña contratado, ao menos, a un traballador por conta allea (Disposición final quinta da Lei).

 B. Imposto sobre a Renda das Personas Físicas.

A Lei introduce na LIRPF una nova regulación relativa aos gastos deducibles nos rendementos netos das actividades económicas en estimación directa: gastos por suministros de electricidade, gas, auga e telecomunicacións cando o empresario ou profesional exerza  a súa actividade na súa propia vivenda habitual e gastos de manutención do titular da actividade. 

Como algunhas das reformas entraron xa en vigor e outras farano a partir do 1 de xaneiro de 2018, é importante que vos informedes bén ou cos vosos propios asesores ou coa asesoría fiscal do COPG.