AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Nova edición extraordinaria do FOCAD

17/7/2017

O Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos de España puxo en funcionamento unha nova Edición Extraordinaria con 9 cursos das tres edicions anteriores do FOCAD do ano 2016 para poder descargar e imprimir para o seu estudo.

Os cuestionarios de avaliacion estarán dispoñibles dende o 17 de xullo ata o 30 de setembro de 2017.

Os materias dispoñibles son:

  • Ciberterapias: tratamentos mediados por ordenador e outras teconoloxías, Soto-Pérez, F. Franco-Martín, Psicólogo clínico. Fundación INTRAS, M. Monardes Seemann, Psiquiadtra, Xefe do Servizo de Saúde Mental e Psiquiatría de Zamora e C. Psicóloga, Fundación INTRAS.
  • Intervención con mulleres vítimas de violencia machista dende unha perspectiva de xénero e a través do empoderamento. Pepa Bojó Ballester, formado en violencia de xénero e en grupos de empoderamento.
  • Deberes legais básicos en ética profesional e deontoloxía, de obrigado cumprimento en psicoloxía. Vicent Bermejo I Frígola, Presidente da Comisión Deontolóxica do Consejo General de la Psicología entre o 2000 e 2013. Representante do Consejo General de la Psicología no Board on Ethics da EFPA.
  • Atención Psicolóxica a vítimas de violencia de xénero: avaliación, intervención terapéutica e ferramentas. Mariángeles Álvarez García, Colegio Oficial de Psicología de Gipuzkoa.
  • A táctica do cambio. Introducón á terapia breve estratéxica. Belén Ortega Bellé, psicóloga colexiada, psicoterapeuta especializada na aplicación do modelo de Terapia Breve Estratéxica; Máster en Comunicación, Problem Solving e Coaching Estratéxico por STC-MARI (CA Palo Alto). Máster en Terapia Breve Estratéxica polo STC de Arezzo; e Concha Pérez Salmón, colexiada M-00619, psicóloga clínica no Centro de Saúde de Alcorcón, formación sistémica,Máster en Terapia Breve Estratéxica polo STC de Arezzo e curso de Alta especialización en Terapia Breve Estratéxica polo STC de Arezzo.
  • Adolescentes e internet: Claves para entender e previr. Doutro Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Facultade de Psicoloxía da USC e Doutora Patricia Gómez Salgado, investigadora posdoutoral da Facultade de Psicoloxía da USC
  • Violencia filio-parental ou maltrato de fillos a pais. Estefanía Estévez, doutora en Psicoloxía Social. Profesora de Psicoloxía Evolutiva na Universidad Miguel Hernández de Elche.
  • Trastorno do espectro do autismo (TEA). M. Araceli Sánchez-Raya, Universidad de Córdoba; Eduardo Martínez-Gual, Fundación Termens e Juan A. Moriana Elviara, Universidad de Córdoba.
  • Selección de Persoal. Pamela Alonso, investigadora na USC.; Silvia Moscoso profesora titultal de Psicoloxía do Traballo na USC e Jesús F.  Salgado, Catedrático de RRHH e Psicoloxía do Traballo na USC.

Para máis información [accede a información]