Nova sesión de "Falamos, Ciclo de Experiencias Compartidas"

9/9/2021

Este xoves 16 de setembro ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo experiencias compartidas do COPG", na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Trátase da presentación proxecto audiovisual "Vulnerables", que se desenvolveu no Hospital da Coruña, e correrá por conta do colexiado Jorge García Fernández (G-2042). 

"Vulnerables" consiste nun proxecto audiovisual mistura de documental, investigación e terapia colectiva sobre as vivencias de diferentes profesionais sanitarios durante a pandemia que ten como finalidade ofertar un relato compartido acerca das experiencias tanto de sufrimento como de crecemento compartidos durante este período.

Podes inscribirte directamente en https://zoom.us/webinar/register/WN_eOJoogvSTyKV3Rp0hTWMWA 

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG.  Nesta ocasión, celébrase dúas semanas da data habitual, para favorecer a participación por mor do habitual descanso do verán. 

Programa