O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fai un chamamento a ser #RRSSponsable nas emerxencias

7/7/2021

O COPG, a través do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, GIPCE, deseñou unha campaña coa que sensibilizar sobre a necesidade de actuar con responsabilidade nas emerxencias e catástrofes sobre o contido que divulgamos a través das nosas redes sociais, baixo a etiqueta #RRSSponsable

Cada vez é máis frecuente que en situacións graves, como a dun intento de suicidio, un accidente ou un suceso violento, se compartan gravacións ou fotografías dos mesmos a través das redes sociais. Os psicólogos e psicólogas do GIPCE, que interveñen neste tipo de situacións a través do 112, teñen comprobado o importante impacto que este tipo de imaxes teñen nas familias e nos superviventes, con especial énfase nos menores implicados. Por iso, anímannos a actuar con responsabilidade e a axudar á recuperación das persoas afectadas, evitando compartir este tipo de imaxes nas redes sociais e sumándonos a esta actitude #RRSSponsable.

 

Descarga a campaña en PDF ou as imaxes en jpg para compartir nas túas redes sociais (1, 2, 3, 4, 5)