O COPG ofrece 20 bolsas para a inscrición no V Congreso Nacional de Psicoloxía

11/3/2021

Entre o 9 e o 11 de xullo de 2021 vaise celebrar o V Congreso Nacional de Psicoloxía e International Symposium on Public Health Psychology, organizado polo Consejo General de la Psicología de España e Psicofundación.

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, coa intención facilitar a vosa participación neste encontro que se desenvolverá de forma online, ofrecemos 20 bolsas que cobren o importe da matrícula (tarifa reducida) a colexiadas e colexiados que se atopen en situación de desemprego, seguindo o Regulamento de Formación do COPG.

Para optar a estas bolsas é preciso que nos comuniques mediante correo electrónico o teu interese, xunto coa documentación precisa de acordo coa normativa das axudas á formación para colexiados e colexiadas en situación de desemprego (informe de situación administrativa actual ou informe de demandante de emprego e a tarxeta de demandante de emprego).

As bolsas outorgaranse segundo a mencionada normativa. [ENLACE Á NORMATIVA]

A data límite para comunicar o interese nestas bolsas é o 12 de abril de 2021.