AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Premios e Distincións ee Unión Profesional de Galicia

4/3/2019

Unión Profesional de Galicia fixo entrega dos Premios e Distincións “Profesional colexiado/a do ano 2019”, a través dos cales se pretende visibilizar a aqueles profesionais colexiados de cada profesión, que contan cunha traxectoria profesional consolidada e excelente. A colexiada G-1517, Mª Teresa Hermida Pérez, que foi decana do COPG entre o ano 2002 e 2006 e formou parte da Comisión de Ética e Deontoloxía nos últimos catro anos, recibiu este recoñecemento no acto celebrado o día 1 de marzo en Santiago de Compostela.