Resumo anual da actividade da Xunta de Goberno do COPG 2024

30/12/2024

A Xunta de Goberno fai público o seu resumo anual no que recolle a principal actividade realizada ao longo de 2024.

Desde a Xunta de Goberno, un ano máis, constatan o crecemento continuado da colexiación. Neste momento achegámonos aos 3.900 colexiados e colexiadas en activo, ao que temos que sumar case un centenar de compañeiros e compañeiras que continúan vinculadas na figura de colexiado xubilado ou xubilada, o que aproxima a 4.000 profesionais membros do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Tamén lembra que o amplo traballo institucional que se fai é grazas á xenerosa colaboración coas Comisións de Ética e Deontoloxía e de Defensa da Profesión, as seccións de Psicoloxía e Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía da Intervención Social e Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), o Grupo de Tráfico e da Seguridade, as Comisións Intersectoriais de Mediación, Feminista e de Deporte. Este resumo é un avance de toda a información que se recollerá puntualmente na Memoria Anual de 2024 do COPG.

Descarga o Resumo 2024