Actividade formativa "O apego desde o contexto de protección á infancia"

16/9/2020

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Actividade formativa “O apego desde o contexto de protección á infancia” que se vai celebrar os vindeiros sábados 21 e 28 de novembro de 2020.

Tratase dunha actividade formativa de modalidade online,  titorizado a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG con exposición teórica, visualización de vídeos e exercicios prácticos de valoración e intervención do sistema do apego.

O último día de inscrición é o 7 de outubro de 2020.

Programa (accede ao pdf)

Boletín de inscrición (accede ao pdf)