Curso "Atención psicolóxica e intervención en violencia de xénero"

13/2/2020

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Atención psicolóxica e intervención en violencia de xénero”, que se celebrará no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o sábado 7 de marzo de 2020.

Os obxectivos deste curso son, entre outros, proporcionar coñecementos ás persoas asistentes para avaliar e levar a cabo intervención psicolóxica con vítimas de violencia de xénero, analizar e identificar as características e tipos de violencia de xénero e detectar, analizar e afondar nos procesos e vínculos onde se dá a violencia.

O último día de inscrición é o 26 de febreiro de 2020.

Programa
[accede ao enlace]