Curso “Soidade en persoas maiores”

30/9/2021

O Grupo de envellecemento da Sección de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Soidade en persoas maiores”,  que se celebrará os días 16 e 23 de outubro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom.  

O curso pretende que as persoas asistentes poidan comprender que é a soidade, analizar a evidencia empírica existente sobre a soidade e variables psicolóxicas, sociais e de saúde, profundar nas estratexias de afrontamento, coñecer os principais métodos e probas para a avaliación da soidade e factores de risco asociados, estudar distintas intervencións en soidade, analizar a súa eficacia e eficiencia e análise de casos.

 O último día de inscrición é o 11 de outubro de 2021.

Programa e boletín