AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Sesión Informativa de Psicoloxía da Intervención Social

8/11/2017

Cambio de lugar de celebración

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organiza unha “Sesión Informativa da Sección de Psicoloxía da Intervención Social” para o sábado 18 de novembro de 2017.

A Sesión Informativa pretende introducir no contexto dos Servizos Sociais en xeral e con persoas maiores en particular. Tamén dar a coñecer a organización Psicoloxía Sen Fronteiras (PSF) e o papel que esta desempeña.

Esta actividade informativa cambia de lugar de celebración, pasando a desenvolverse no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  (Rúa Espiñeira, 10 - baixo  | 15706 Santiago de Compostela).

O último día de inscrición é o 15 de novembro de 2017.

Acceder ao programa [ ver pdf ]