AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Apertura do prazo de presentación de propostas de traballo para a publicación no Anuario de Psicoloxía e Saúde en formato de "Casos Clínicos" ou de "Comunicacións Libres"

7/5/2018

Informamos de que está aberto o prazo para presentar propostas de traballos de xeito aberto para a súa publicación no Anuario Psicoloxía e Saúde en formato de “Casos Clínicos” ou de “Comunicacións Libres”. Estes apartados estarán abertos á participación de todos os colexiados e colexiadas do COPG.  

NORMAS DE PUBLICACIÓN DOS CASOS CLÍNICOS: 

Incluiranse descricións dun ou máis casos clínicos que supoñan unha achega ao coñecemento da psicopatoloxía ou da intervención psicoterapéutica. 

A EXTENSIÓN máxima do texto será de 6 páxinas, letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo. 

A ESTRUTURA do Caso Clínico deberá ser a seguinte:

-       Título.

-       Nome e apelidos dos autores/autoras, centro de traballo e un e-mail de contacto.

-       Resumo (150 palabras): en galego ou español, e en inglés.

-       Palabras chave: entre 3 e 5, en galego ou español, e en inglés.

-       Introdución.

-       Datos sociodemográficos.

-       Motivo de consulta.

-       Obxectivos.

-       Intervención.

-       Conclusións.

-       Referencias bibliográficas: segundo a normativa da APA, cun mínimo de 5 e un máximo de 20 referencias bibliográficas.

NORMAS DE PUBLICACIÓN DAS COMUNICACIÓNS LIBRES: 

Incluiranse traballos orixinais nos que se describan traballos de investigación ou revisións teóricas de temáticas psicolóxicas, dende un punto de vista clínico ou asistencial. 

A EXTENSIÓN máxima do texto será de 15 páxinas, letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo. 

A ESTRUTURA da Comunicación Libre deberá ser a seguinte:

-       Título.

-       Nome e apelidos dos autores/autoras, centro de traballo e un e-mail de contacto.

-       Resumo (150 palabras): en galego ou español, e en inglés.

-       Palabras chave: entre 3 e 5, en galego ou español, e en inglés.

-       Introdución.

-       Conclusións.

-       Referencias bibliográficas: segundo a normativa da APA, cun mínimo de 5 e un máximo de 20 referencias bibliográficas. 

O prazo para o envío de traballos remata o 10 de xuño, e estes deben ser enviados ao enderezo de correo electrónico anuario@copgalicia.gal Despois desa data pasarán a ser valorados para a súa incorporación ao Anuario polo Consello de Redacción, que seleccionará ata un total de 4 de entre todos traballos recibidos. Confirmarase ao autor ou autora a súa aceptación ou non e se debe facerse algunha modificación na redacción ao longo do mes de xuño.

Agardamos a vosa participación.