AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

Xornada "Polo bo trato á infancia"

17/10/2017

O Grupo Intersectorial de Actividades sobre a Infancia 2017 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o sábado 4 de novembro de 2017 a xornada "Polo bo trato á infancia", que se celebrará no Salón de Actos do COPG (Rúa Espiñeira, 10 – baixo  |  15706 Santiago de Compostela).

Nesta xornada multidisciplinar intervirán como relatores e relatoras profesionais que tratarán, desde distintos contextos e ámbitos da Psicoloxía, sobre o maltrato infantil.

O último día de inscrición é o 30 de outubro de 2017.

Proclamación definitiva candidatura nas Eleccións á X.D. da Sección de Psicoloxía e Saúde

17/10/2017

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2013, a Xunta Directiva, na súa reunión de 23 de maio de 2017, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA E SAÚDE DO COPG.

Sorteo de dúas prazas para o “Seminario Clínico Anorexia Xuvenil: a terapia eficaz, eficiente e validada” do Profesor Giorgio Nardone

16/10/2017

Desde a Secretaría organizativa do Centro Di Terapia Strategica (CTS) da sucursal España ofrécennos dúas prazas gratuítas para os nosos colexiados e colexiadas, para asistir ao Seminario que impartirá o Profesor Giorgio Nardone en Barcelona os días 18 e 19 de novembro, sobre a anorexia xuvenil. O obxectivo será dar a coñecer aos participantes estratexias terapéuticas e as técnicas específicas para a anorexia xuvenil e para as diferentes variantes do trastorno e así o profeisonal obter os instrumentos operativos terapéuticos e diagnósticos, e aplicalos na súa práctica clínica.

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) participa nas Xornadas Técnicas do ISSGA

11/10/2017
O  Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) da Xunta de Galicia celebra as Xornadas Técnicas sobre "Traballos saudables en cada idade. Idade e diversidade: impacto na xestión de PRL", que se celebrarán nos Centros ISSGA de Lugo (Lugo, xoves 19 de outubro) e de Pontevedra (Rande, venres 20 de outubro).
 

A crise e o traballo centra a vindeira xornada do Movemento Galego da Saúde Mental

9/10/2017

Este martes 10 de outubro, co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) organiza unha xornada na que a crise e o traballo serán os protagonistas. Comezará ás 17.30 horas e desenvolverase na Aula Castelao da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Charla "Psicoloxía Perinatal"

9/10/2017

O mércores 25 de outubro de 2017 ás 18 horas acolleremos a Charla "Psicoloxía Perinatal", que se celebrará no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.

A conferenciante será Natalia Guedella Sebastián, psicóloga educativa certificada en Saúde Mental Perinatal.

A presentación terá unha duración prevista de 2 horas, tratándose nela os seguintes puntos: 

Curso "Xestión de conflitos na comunidade"

5/10/2017

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través da Concellaría da Área de Política Social, Diversidade e Saúde, organiza o vindeiro sábado 14 de outubro de 2017 o curso "Xestión de conflitos na comunidade” que se celebrará no Salón de Actos do COPG (Rúa Espiñeira, 10 – baixo  |  15706 Santiago de Compostela).

Foro "Empresa e Universidade: necesidades formativas e práctica profesional en PTO"

4/10/2017

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións organizou para o próximo 21 de outubro un Foro sobre "Empresa e Universidade: Necesidades formativas e práctica profesional en PTO" co obxectivo de debater o impacto do Espazo Europeo de Educación Superior na formación dos futuros e futuras profesionais do ámbito dos RRHH e a súa relación coas esixencias e funcionamento das empresas.

III Encontro Luso-Hispano

3/10/2017

O pasado 29 de setembro tivo lugar o "III Encontro Luso-Hispano", organizado pola Ordem do Psicólogos Portugueses e o Consejo General de la Psicología, baixo o título "Aspectos traumáticos en violencia de xénero", que se celebrou en Évora (Portugal).

O obxectivo fundamental deste Encontro foi trasladar aos profesionais e á comunidade as achegas e accións que desde a psicoloxía lusa hispana se veñen aplicando á solución de trastornos depresivos.

Listaxe de psicólogas e psicólogos para o programa de apoio e asistencia psicolóxica ás vítimas nas Oficinas de Atención á Vítima e ao Cidadán existentes na comunidade autónoma de Galicia

1/10/2017

Informámosvos que a Comisión de Valoración, na súa xuntanza do 29 de setembro de 2017, aprobou a listaxe que figura a continuación, na valoración das solicitudes das persoas participantes no proceso de selección desenvolvido polo COPG para sete prazas de psicólogo/a para o programa de apoio e asistencia psicolóxica nas Oficinas de Atención á Vítima e ao Cidadán existentes nos xulgados das sete cidades, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Páxinas

Subscribe to Novas