Curso "Aproximación á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"

27/5/2021

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) organiza o Curso “Aproximación á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”, que se celebrará os días 25 e 26 de xuño a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. As credenciais de acceso serán enviadas xunto coa confirmación de admisión á formación. 

Entre os obxectivos do curso está adquirir formación teórica e práctica sobre as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en canto aos dereitos de igualdade, educación, autonomía, decisión, desenvolvemento persoal e participación na comunidade. 

É requisito imprescindible enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto xunto coa transferencia bancaria por correo electrónico, fax ou correo ordinario á administración do COPG antes do 15 de xuño de 2021.

Programa e boletín