Curso “Aproximación á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”

11/8/2021

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso Aproximación á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”, que se celebrará os días 15 e 16 de outubro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. As credenciais de acceso serán enviadas xunto coa confirmación de admisión á formación.   

O curso  pretende adquirir a formación teórica e práctica sobre as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en canto aos dereitos de igualdade, educación, autonomía, decisión, desenvolvemento persoal e participación na comunidade. 

 O último día de inscrición é o 8 de outubro de 2021.

Programa e boletín