AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso "A caixa de area como ferramenta en psicoterapia"

10/8/2017

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o vindeiro sábado 21 de outubro de 2017 o curso "A caixa de area como ferramenta en psicoterapia", que se celebrará na Aula de docencia do Edificio Cirúrxico do Complexo Hospitalario de Ourense (Ramón Puga, 52. 32005 Ourense).

Será impartido por Raquel Espantoso San José, Psicóloga Especialista en Psicoloxía Clínica. Co-directora do Centro de Psicoterapia Agarimo en Pontevedra, desempeñando labores asistenciais que implican a avaliación e intervención psicolóxica con menores e adultos.

O obxectivo central deste curso é dar a coñecer ás persoas participantes a técnica psicoterapéutica da Caixa de Area, os seus beneficios, potencialidades, que materiais se necesitan e como conducir unha sesión coa caixa de area. O curso constará dunha parte de exposición teórica e outra de presentación e análise de exemplos prácticos.

O último día de inscrición é o 10 de outubro de 2017.

Tríptico [ver pdf]