AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso "Iniciación en teoria e técnica grupal. Modelo de grupo operativo"

21/3/2019

Ampliación do prazo de inscrición ata o vindeiro 28 de marzo inclusive.

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Iniciación en Teoría e Técnica Grupal. Modelo de Grupo Operativo”, que se celebrará os vindeiros días 5 e 6 de abril de 2019, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Este curso ten como obxectivo adquirir a formación teórica e  técnica no campo da intervención grupal. Adquisición de habilidades básicas no deseño, implementación e manexo de dispositivos grupais.

O último día de inscrición é o 21 de marzo de 2019.

Programa