AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso "Introdución á avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual"

13/12/2017

Novas datas de celebración do curso: 19 e 20 de xaneiro de 2018 cos mesmos horarios.

A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organiza para os días 19 e 20 de xaneiro de 2018 o curso “Introdución á avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual”.

O curso, dirixido preferentemente a profesionais con experiencia previa na temática do curso, pretende ser unha introdución -con coñecementos actualizados- aos trastornos do desenvolvemento intelectual e as estratexias de intervención en persoas adultas. Os asistentes adquirirán coñecementos prácticos sobre o desenvolvemento, adaptación e validación de probas neuropsicolóxicas aplicadas a esta poboación, a avaliación neuropsicolóxica especifica e unha introdución sobre os programas de intervención.

Esta actividade formativa celebrarase no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10 - baixo | 15706 Santiago de Compostela).

Acceso ao programa [ ver pdf ]