AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso “Introdución á Terapia de Aceptación e Compromiso (ACT)”

16/4/2018

Informamos que están cubertas as prazas a este curso

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso Introdución á Terapia de Aceptación e Compromiso (ACT), que se celebrará os vindeiros días 11 e 12 de maio de 2018, no salón de actos do COPG.

Este curso ten como obxectivo dar a coñecer as habilidades terapéuticas para aplicar as estratexias de intervención segundo o modelo da Terapia de Aceptación e Compromiso (ACT). Será docente do mesmo a psicóloga Thaïs Tiana Sastre, membro do Programa de Prevención de Suicidio do Hospital de Sant Pau en Barcelona e do Programa de Atención ao Supervivente (que traballa con familiares e persoas próximas que morreron por suicidio).

O último día de inscrición é o 6 de maio de 2018 

Boletín [ver pdf]