AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia renova o convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a atención ás mulleres que sofren violencia de xénero e homes con problemas de control de violencia

26/7/2017

Este luns 24 de xullo levouse a cabo en Santiago de Compostela a sinatura do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a atención a mulleres que sofren violencia de xénero (PAPMVX) e para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar (Abramos o Círculo).

I PREMIO UICM A PROFESIONAIS COLEXIADOS

24/7/2017

Unión Interpfresional da Comunidade de Madrid (UIMC) ven de convocar a primeira edición do PREMIO UICM A PROFESIONAIS COLEXIADOS para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesión publicado no territorio do Estado Español entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

O premio está dotado con 1.000€ e un diploma de recoñemento. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 2 de outubro de 2017.

 

Participación do COPG no Parlamento de Galicia

18/7/2017

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu o 12 de xullo ao Parlamento de Galicia para a participación no debate sobre o problema de intrusismo profesional no eido sanitario, problemática que afecta moitísimo á psicoloxía, a nosa profesión. Deste debate xurdiron ideas que se levarán no pleno de setembro, no que se someterá a votación unha proposta de actuación contra a problemática do intrusismo sanitario.

Creación de FOCAD para membros das Divisións

17/7/2017

O Programa de Formación Continuada a Distancia en Psicoloxía (FOCAD) do Consejo General de Psicología inicia unha nova liña de formación específica para os membros das actuais Divisións postas en marcha polo Consejo.

Os cuestionarios de avaliación poderán contestarse dende o 17 de xullo ata  31 de decembro de 2017.

Os materiais dispoñibles son:

División de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte

Nova edición extraordinaria do FOCAD

17/7/2017

O Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos de España puxo en funcionamento unha nova Edición Extraordinaria con 9 cursos das tres edicions anteriores do FOCAD do ano 2016 para poder descargar e imprimir para o seu estudo.

Os cuestionarios de avaliacion estarán dispoñibles dende o 17 de xullo ata o 30 de setembro de 2017.

Os materias dispoñibles son:

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións informa sobre a Acreditación EUROPSY

22/6/2017

Co obxectivo de solicitar dunha forma máis sinxela o Certificado de Especialista en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións pola vía de veteranos, se levas inscrito como mínimo 2 anos na División, e a túa solicitude de incorporación como membro ordinario, foiche comunicada polo Consejo, poderás solicitalo cumprimentando os seguintes anexos e mandalos ao teu COP correspondente: 

** Solicitude Europsy Especialista en Traballo atopándose en posesión do Certificado Europsy básico vixente: 

Sinatura do Convenio para un Protocolo Municipal de actuación para a prevención de Desafiuzamentos en Compostela

19/6/2017

O pasado 19 de xuño asinouse o convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para levar a diante o programa piloto de intervención psicolóxica en casos de desafiuzamentos.

Páxinas

Subscribe to Novas