AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso "Terapia de grupo en contexto hospitalario e atención primaria"

31/7/2017

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Terapia de grupo en contexto hospitalario e atención primaria”, que se celebrará os vindeiros días 29 e 30 de setembro de 2017, no Salón de Actos do Hospital Marítimo de Oza (As Xubias, s/n. - 15006 A Coruña).

Este curso, cuxa docencia correrá a cargo de Jorge García Fernández e Miguel Gárriz Vera, ten como obxectivos a adquisición e manexo de ferramentas psicolóxicas básicas para a intervención grupal en contexto hospitalario e atención primaria a través da exposición e discusión de dúbidas e experiencias das persoas participantes.

O último día de inscrición é o 19 de setembro de 2017.

Podes acceder ao programa [ver programa]