AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso "Tratamento dos trastornos da conduta alimentaria cronificados"

11/4/2018

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Tratamento dos trastornos da conduta alimentaria cronificados”, que terá lugar os vindeiros 1 e 2 de xuño de 2018, no salón de actos do Hospital Marítimo de Oza (A Coruña).  Será impartido pola psicóloga clínica Rosa Calvo Sargadoy (M-01644), que exerce no Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía Clínica do Hospital Universitario La Paz, e que conta con máis de 30 anos de experiencia en Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA).

Os obxectivos que persegue o curso son coñecer as bases teóricas do modelo de abordaxe dos TCA empregado no Hospital Universitario La Paz, abordar as características cognitivo - emocionais típicas en persoas con TCA e ofrecer unha introdución ao tratamento terapéutico.

O último día de inscrición é o 23 de maio de 2018.

Boletín [ver pdf]