AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Proclamación definitiva candidatura nas Eleccións á X.D. da Sección de Psicoloxía e Saúde

17/10/2017

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2013, a Xunta Directiva, na súa reunión de 23 de maio de 2017, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA E SAÚDE DO COPG.

A data da Xornada Electoral será o VENRES, 17 DE NOVEMBRO DE 2017 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo Presidente, a Secretaria e unha Vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.

1. Calendario electoral [ver pdf] 
2. Convocatoria de eleccións [ver pdf]
3. Normas de voto [ver pdf] 
4. Proclamación provisional candidatura [ver pdf] 
5. Programación definitiva candidatura [ver pdf]