AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

1/12/2017

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde, comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral:

Con data 1 de decembro de 2017, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:         

JOSÉ EDUARDO RODRÍGUEZ OTERO  (G-3407), presidente
ALICIA CARBALLAL FERNÁNDEZ  (G-3097), vicepresidenta
CARLOS JOSÉ LOSADA LÓPEZ  (G-4792), secretario
MERCEDES FERNÁNDEZ CABANA  (G-3107), tesoureira
MARÍA BLANCO SUÁREZ  (G-3223), vogal
ALBA FERNÁNDEZ REVALDERÍA  (G-4724), vogal
MARTA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ  (G-3888),vogal
EDUARDO MARTÍNEZ LAMOSA  (G-4199),vogal