Publicado o Nº 14 do Anuario de Psicoloxía e Saúde

17/12/2021

Xa está dispoñible na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o número 14 do Anuario Psicoloxía e Saúde “CRISE”  (ISSN: 2444 – 6653),  publicación que edita anualmente a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.

Pódese acceder á publicación, premendo no seguinte enlace:

https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/publicacions/anuario_psicoloxia_saude_crise.pdf

Ademais, se tes interese en solicitar este número impreso, tes dispoñible o boletín para formalizar a reserva. Dito boletín deberá ser enviado, xunto co xustificante de pago do importe do Anuario, á administración do COPG a través de correo electrónico ou correo postal ata o 10 de febreiro de 2022.

O prezo de venda de lanzamento do Nº 14 Anuario é de:

  •    Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde: 17 €
  •    Psicólogos/as colexiados/as: 22 €
  •    Non colexiados/as: 27 €