A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece a posibilidade de solicitar a publicación impresa do Anuario Psicoloxía e Saúde.
Este ano corresponde ao Anuario nº 13 que leva por título “Pecados”, e que xa está dispoñible na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (https://copgalicia.gal/seccions/psicoloxia-e-saude/publicacions). Se tes interese en solicitar este número impreso, é necesario que nos envíes este boletín cuberto para formalizar a reserva, xunto co xustificante de pago do importe do Anuario, á administración do COPG a través de correo electrónico ou correo postal ata o 20 de marzo de 2021.
O prezo de venda do Anuario é de:
Socios e Socias da Sección de Psicoloxía e Saúde: 25 €
Psicólogos/as colexiados/as: 30 €
Non colexiados/as: 45 €