AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde: “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”

9/10/2018

Os vindeiros días 23 e 24 de novembro de 2018, celebraranse no Carballiño (Ourense), as XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co título “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”. O obxectivo destas xornadas será xuntar ao maior número posible de profesionais da saúde e fomentar o intercambio de coñecementos e experiencia clínica respecto ó uso das Novas Tecnoloxías no ámbito da Psicoloxía Sanitaria e Clínica. 

A temática proposta para as xornadas deste ano son as novas tecnoloxías, como unha forma de aplicación na psicoterapia online, no emprego das redes sociais, na contornas de realidade virtual, entre outros aspectos,  o que está gañando terreo no cotiá da profesión, polo que, sen dúbida neste ámbito, a necesidade de actualización constante é clara.

Programa