XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia en Tui-Paramos”

23/9/2019

Os vindeiros días 14, 15 e 16 de novembro de 2019, celebraranse en Tui ás XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia en Tui-Paramos”.

Estas Xornadas teñen como obxectivo principal facer unha reflexión e análise en torno á intervención psicolóxica realizada en catástrofes, tanto en Galicia como no estado español e en Portugal. Para iso, tómase como punto de partida a experiencia da explosión pirotécnica acontecida no ano 2018 en Paramos-Tui, e comparase con outras como o accidente do Alvia no 2013 en Santiago de Compostela, os terremotos de Lorca en Murcia no ano 2011 e os incendios en Portugal no ano 2017.

Programa e boletín