Conferencias “(In)visibilizando: o valor de nomearnos"

23/11/2021

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza as conferencias “(In)visibilizando: o valor de nomearnos" que se celebrarán o día 16 de decembro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O obxectivo desta acción formativa é sensibilizar sobre a importancia do uso dunha linguaxe non sexista no ámbito laboral coa finalidade de subliñar o seu valor como ferramenta de cambio xa que son múltiples as investigacións que demostran a importancia da linguaxe como vía de inclusión.

No caso da desigualdade de xénero, a linguaxe, ademais de facer evidentes estas diferenzas, tamén as reforza, isto débese ao uso sexista que facemos da mesma. No ámbito laboral, en particular, a utilización dunha linguaxe sexista pode provocar nas mulleres unha diminución da motivación e do sentido de pertenza, ademais de afectar a súa autoestima e ao locus de control.

O último día de inscrición é o 9 de decembro de 2021.

 

PROGRAMA

BOLETÍN DE INSCRICIÓN