AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas

14/12/2018

O día 11 de decembro celebrouse a sesión ordinaria da Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG, que, entre outros asuntos, aprobou os orzamentos para o exercicio de 2019. Na xuntanza presentouse o informe sobre a actividade da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG en 2018.

Nomeouse a Marta Rivas Rodríguez, G-3609 como secretaria, e a Susana Blanco Fernández G-3661, como vogal desta Comisión.

Tamén se aprobou a designación de Antonio González Fernández G-0491 como Valedor dos Colexiados e Colexiadas do COPG.

Comunicado

13/12/2018

Ante a triste noticia do bebé falecido en Vigo no momento do seu nacemento esta semana, a Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sentímonos na responsabilidade humana de  expresar en primero lugar todo o noso afecto e apoio a esta familia, que a ben seguro está a atravesar o momento máis duro da súa vida.

Obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”

5/12/2018

A Sección de Psicoloxía Xurídica en colaboración coa Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o Obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”, que se celebrará o próximo día 15 de decembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A actividade ten entre outros obxectivos proporcionar unha visión socioxurídica do delito con fins de explotación sexual. 

Os/as profesionais da psicoloxía clínica reclaman a accesibilidade real aos tratamentos psicolóxicos no sistema público de saúde

4/12/2018

A falta de accesibilidade real ao tratamento psicolóxico na sanidade pública galega foi a principal conclusión da xornada que esta mañá se desenvolveu no Hospital de Oza da Coruña, con motivo do 20 aniversario da creación da especialidade de psicoloxía clínica, na que participaron os psicólogos e psicólogas clínicas da EOXI da Coruña, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación de Psicólogos/as Clínicos/as do SERGAS (APCS) e o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM).

“Obradoiro Mellora do benestar de persoas con demencia mediante o manexo da conduta adecuada das alteracións. Centrándonos na persoa, non na alteración”

4/12/2018

Informamos que xa non quedan prazas dispoñibles

O día 15 de decembro de 2018, en horario de 09:30 a 17:30 horas celebrarase na sede colexial o “Obradoiro Mellora do benestar de persoas con demencia mediante o manexo da conduta adecuada das alteracións. Centrándonos na persoa, non na alteración” organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

Fallo do XI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia "Rosa de Cen Follas"

30/11/2018

O pasado 15 de novembro de 2018 celebrouse a xuntanza do xurado do XI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de La Voz de Galicia Joel Gómez, para deliberar o fallo desta edición. 

Nesta ocasión os premiados son: 

Categoría de narrativa: 

Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con Motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

23/11/2018

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresamos a nosa absoluta solidariedade e o apoio coas familias e seres queridos das corenta e catro mulleres e tres menores asasinadas a consecuencia da violencia de xénero, así como cos trinta e cinco nenos, nenas e adolescentes que se quedaron orfos e orfas a razón destes crimes. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denuncia a privación de tratamento psicolóxico á poboación infantoxuvenil da área da Coruña

21/11/2018

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa o seu absoluto rexeitamento e fonda preocupación polas decisións aprobadas polo Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña que deixaron a toda a poboación menor de 16 anos de seis concellos da área sanitaria da Coruña sen psicólogo/a clínico/a de referencia desde o mes de outubro.

Páxinas

Subscribe to Novas