AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Exposición aos riscos psicosociais no colectivo profesional de xornalistas de Galicia

26/12/2017

Dentro do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia, este mes deuse a coñecer o estudo sobre a “Exposición aos riscos psicosociais no colectivo profesional de xornalistas de Galicia”, realizado polo Grupo de Traballo de Saúde e Benestar Ocupacional da Sección de PTO. 

Este proxecto tiña como obxectivo principal de proporcionar asesoramento técnico para a avaliación descritiva das condicións de traballo de orixe psicosocial aos que están expostos/as os/as xornalistas colexiados/as, e así dar a coñecer a importancia de realizar este tipo de avaliacións dos riscos psicosociais. 

Aquí podes consultar o estudo completo [ver pdf]