I Encontro Galego Interprofesional de RRHH: “Liderar e comunicar no contorno actual: O cambio necesario”

30/9/2024

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA), organiza o I ENCONTRO GALEGO INTERPROFESIONAL DE RRHH.

Este evento ten como obxectivo principal crear un espazo de reflexión e intercambio de ideas entre profesionais do ámbito de RRHH, así como entre outros axentes implicados nas relacións laborais. Pretendemos abordar, desde unha perspectiva multidisciplinar, os desafíos actuais que enfrontan as organizacións no ámbito da xestión de persoas e analizar como contribuír desde diferentes aproximacións á mellora da eficiencia e o benestar no traballo.

Esta primeira edición celebrarase o xoves, 10 de outubro de 2024, de 17 a 21 h no Auditorio da Sede Afundación A Coruña (Cantón Grande, 8. 15003, A Coruña).

A inscrición está aberta ata o 4 de outubro, é gratuíta ata completar o aforo e podes facela no seguinte enlace: https://forms.gle/C2n5w1wWK71TpaDj6

Para máis información, podes consultar o programa completo facendo clic aquí.