AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Proclamación á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

7/5/2018

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral:

Con data 7 de maio de 2018, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:

CARLOS MONTES PIÑEIRO (G-3367),Presidente
JOSÉ ORTUÑO VILURBINA (G-1965), Vicepresidente
ANA MARÍA ENTENZA VIDAL (G-2663), Secretaria
ANTONIO ESTEBAN FUERTES SAAVEDRA (G-5630), Tesoureiro
JULIO GONZÁLEZ MORANDEIRA (G-1276), Vogal
SANDRA IGLESIAS RODRÍGUEZ (G-4932), Vogal
JOSÉ MANUEL CAMPAL FERNÁNDEZ (G-2303), Vogal
PALOMA MUÑOZ DÍAZ-CASTROVERDE (G-5783), Vogal
JOSÉ LUIS DOMÍNGUEZ REY (G-0136), Vogal