AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Sesión de Traballo sobre Saúde Laboral e Asemblea da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

16/4/2018

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza a Sesión de Traballo  “A seguridade e saúde laboral desde a Psicoloxía do Traballo”, que terá lugar o vindeiro sábado día 21 de abril, no salón de actos do COPG. O obxectivo desta actividade interna é abrir un debate e facilitar propostas concretas para fortalecer as competencias profesionais das psicólogas e psicólogos do traballo que desexen desenvolver a súa actividade neste ámbito profesional.

Ao finalizar, os socios e socias da Sección PTO, celebraran a súa Asemblea anual, que terá lugar ás 12:00 horas.

Programa [ver pdf]