Xornada "Xestión do tempo: como confeccionar un traxe a medida"

18/1/2022

AMPLIADO o prazo de inscrición ata o 21 de xaneiro de 2022.

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC) organiza a xornada “Xestión do tempo: como confeccionar un traxe a medida" que se celebrará os días 25 e 26 de xaneiro de 2022 na Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Os obxectivos desta Xornada son identificar os factores que conforman a boa xestión do tempo, aprender a estruturar a axenda, vacinarse contra os agresores externos (ladróns e vampiros) e deseñar un plan específico e personalizado de traballo para executalo ao terminar o curso.

Programa