Gravación da Xornada "Psicoloxía na escola xa"

15/5/2023

Xa está dispoñible na canle de Youtube do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a gravación da Xornada "Psicoloxía na escola xa", organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e celebrada o pasado 27 de abril en Santiago de Compostela.

A xornada tivo como obxectivo dar a coñecer as necesidades a nivel emocional tan complexas que vive hoxe en día o alumnado dos centros educativos.

Acceso á gravación