AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

O COPG reivindica que o alumnado con TDAH poida acceder as becas de apoio educativo do MEC

8/11/2017

Con referencia á actual convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, desde o COPG estamos a ter coñecemento de que desde distintas delegacións territoriais estanse a denegar numerosas solicitudes de reeducación pedagóxica e da linguaxe asinadas por psicólogos/as.

Temos tamén coñecemento de que desde as Xefaturas estase a facilitar ás familias un documento a asinar polos orientadores e orientadoras sobre o TDAH no que deben certificar que o TDAH vén derivado dunha discapacidade ou dun trastorno grave de conduta. O TDAH é un trastorno, grave nalgúns supostos, con entidade propia e independente dos demais, é dicir, constitúe un trastorno por si mesmo. E nalgúns casos, pode xerar trastorno grave de conduta, como un dos seus síntomas, pero nunca á inversa: o TDAH non se produce ou non é unha consecuencia da discapacidade.

O COPG, a través da Sección de Psicoloxía Educativa elaborou un documento que foi remitido á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e ás Xefaturas Territoriais, así como á División de Psicología Educativa do Consejo General de la Psicología, reivindicando e argumentando que o alumnado con TDAH diagnosticado como grave entre a formar parte do perfil do alumnado solicitante destas becas.

Lamentamos comprobar como nos últimos anos en cada convocatoria se restrinxen máis o acceso por parte do alumnado a este tipo de axudas, imprescindibles non só para os nenos e nenas beneficiarios da axuda, senón para as súas familias e para a sociedade no seu conxunto, pois xa está máis que demostrado que na maioría dos supostos prodúcese unha melloría significativa na problemática que presentaba o alumnado.