"Rompe coa cadea do acoso escolar". Manifesto contra o acoso escolar

2/5/2022

Co gallo da celebración do Día Internacional Contra o Acoso Escolar o 2 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta co lema "Rompe a cadea do acoso escolar, ti podes" como entre todos e todas podemos erradicar esta lacra social. Somos conscientes de que as denuncias por acoso só son a punta do iceberg do problema real. Debemos intervir e previr implementando programas nos centros educativos para proporcionar estratexias e a comunidade saiba actuar ante o acoso que sufren tanto na educación primaria como na secundaria. Comunicar estes feitos é a crave. Facemos un chamamento ás familias, profesorado, Departamentos de Orientación e especialistas en Psicoloxía Educativa, e ao alumnado para que denuncie o bullying.