AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Convocatoria de probas selectivas para ingreso polo sistema xeral de acceso libre ao Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penitenciarias

2/4/2018

Informamos sobre a convocatoria de probas selectivas para ingreso polo sistema xeral de acceso libre ao Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penitenciarias, Subgrupo A1, polo sistema xeral de acceso libre, das cales 15 prazas son de Psicólogos/as.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 2018.

Podes ver máis información no BOE Núm. 80 do luns 2 de abril de 2018. [accede ao enlace]