Curso “Psicoterapia en trauma relacional”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Psicoterapia en trauma relacional”, que se celebrará o día 13 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

29/2/2024

O COPG amplía a súa presenza dixital co lanzamento da canle de WhatsApp

No esforzo constante para fortalecer a comunicación e a interacción coas colexiadas e colexiados, así como co público xeral, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deu un novo paso ao incorporar unha canle de WhatsApp á súa crecente presenza dixital, á que podes unirte neste enlace (https://whatsapp.com/channel/0029VaCnLra5Ui2cyWU5qP2l)

29/12/2023

Renovación de EuroPsy

En relación coas renovacións dos Certificados EuroPsy Básico, EuroPsy Especialista en Psicoterapia e EuroPsy Especialista en Traballo, e co fin de facilitar e axilizar o proceso de renovación, informamos de que se habilitou unha web EuroPsy, ampliándose o prazo de renovación ata o día 26 de febreiro de 2024

21/12/2023

Publicacións da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero

Veñen de publicarse na web da Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género (DGVG): o estudo Violencia económica contra las mujeres en sus relaciones de pareja o expareja, unha investigación de carácter exploratorio, que ten como misión coñecer as principais conclusións que se alcanzaron ata o momento ao redor da violencia económica contra as mulleres no ámbito da parella/exparella; e a Encuesta Europea de Violencia de Género 2022, a primeira enquisa sobre violencia contra a muller que se realiza dentro do marco do Sistema Estadístico Europeo (SEE), que proporciona

12/12/2023

Servizo PIN 24 horas

A continuación deixamos información sobre o servizo PIN 24 horas (PIN24H) que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a identificación na sede electrónico do COPG para as persoas que non dispoñen de certificado dixital e así poder realizar calquera trámite de xeito telemático na mesma con total seguridade.

Máis información

22/7/2021

Páxinas

Subscribe to